Vicente García Julbe
VICENTE GARCÍA JULBE (1903 - 1997)
Vicente García Julbe (1903 - 1997) nace en Vinarós (Castelló). Comeza os seus estudos de música aos oito anos na Academia de Música do Círculo Católico de Vinarós. Aos once ingresa no Seminario de Tortosa, e segue estudando música cos mestres Cumelles Ribó e Vicente Ripollés. Preséntase ás oposicións como Mestre de Capela da Catedral de Tarragona e queda segundo entre cinco opositores, detrás de Mosén Tapies, que ao gañar a praza deixa vacante a que ocupaba en Catedral de Lugo .
Representación de "Non chores Sabeliña" en Friol (1952)
En 1928 preséntase ás oposicións dun Beneficio con cargo de Mestre de Capela na Catedral de Lugo, e as gana. Desde aquel momento faise cargo tanto da música na Catedral como no Seminario, onde funda unha Schola Cantorum e imparte clases de Gregoriano. Participa na iniciativa da composición dunha zarzuela galega, na que colabora con Gustavo Freire e o mestre Junquera. Desta colaboración nace “Non chores, Sabeliña” que compón Gustavo Freire inspirándose nunha pregaria de Julbe.
Colexio do Corpus Christi del Patriarca na actualidade
En 1942 toma posesión dun Beneficio en Catedral de Lleida. En 1944 ocupa a praza de director do Colexio do Corpus Christi do Patriarca en Valencia. Compaxina estas actividades coa transcrición das obras musicais de J. B. Comes e de Francisco de Guerreiro.
En 1949 é nomeado Cóengo Prefecto de Música Sacra dá Catedral de Tortosa. Desde a súa xubilación volve a Vinarós, onde falece en 1997. O Arquivo da Catedral de Lugo conserva unhas trinta obras musicais desta gran personalidade musical.
19 - Vicente García Julbe - Genitori
PARTITURAS
sv431 | Missa "Fons bonitatis" | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | STB + órg | ca. 1933 | ||
sv399 | Ego sum panis | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | STB + órg | Abril de 1932 | ||
sv402 | Ego sum panis | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | tenor + órgão | |||
sv400 | Jardín es mi pecho | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | v + órg. | 7 de Outubro de 1932 | ||
sv401 | Véante mis ojos | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | v + órg. | 7 de Outubro de 1932 | ||
sv403 | Cenantibus illis | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | TTBB | 1 de maio de 1943 | ||
sv404 | Genitori | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | TTBB | |||
sv406 | Tu es Petrus | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | TTBB | 1942 | ||
sv405 | Tota pulchra | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | STTB | |||
sv407 | Villancico | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | SATB | 11 de dezembro de 1940 | ||
sv432 | Cantus paschalis | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | SATB | ca. 1939 | ||
sv433 | Genitori | Vicente García Julbe | 1903 | 1997 | SATB | cantado por Solo Voces |