Pascual Veiga
PASCUAL VEIGA (1842 - 1906)
Pascual Veiga (1842 - 1906) nace en Mondoñedo. Comeza estudos musicais como neno de coro na catedral mindoniense. Con trece anos imparte clases de solfexo na capela catedralicia e posteriormente de harmonía. Desa época é a súa primeira composición, un Septenario á Virxe das Dores.
Orfeón Veiga
En 1864 trasládase á Coruña, onde o cabido da Colexiata admíteo como organista. En 1865 é nomeado vicepresidente da Sección de Música da Sociedade Fraternidade Xuvenil. En 1878 abandona o Orfeón Brigantino e funda o Orfeón Coruñés.
No certame literario e musical convocado pola Sociedade dos Xogos Florais de Pontevedra presentou co Orfeón Brigantino a peza titulada Alborada Galega, coñecida como Alborada de Veiga.
Alborada de Veiga
En 1882 crea o Nuevo Orfeón, que poco despois se chamaría El Eco.
Orfeón El Eco
Pascual Veiga convidou en 1889 a Juan Montes a crear conxuntamente un himno de Galicia. Para isto escribiu a Eduardo Pondal, que lle enviou as estrofas ás que poñería música. Así, a composición estaría formada polas nove primeiras estrofas do poema Os Pinos.
Himno Gallego
En 1896 trasládase a Madrid ao ser nomeado profesor do Conservatorio Nacional de Música. Ao ano seguinte dirixe o Orfeón Matritense e o Orfeón do Centro Galego en Madrid.
Cando a "Alborada" de Veiga soou no Palais du Trocadéro na Exposición Universal de París de 1889.
Palacio do Trocadero
A Tour Eiffel, recentemente levantada, era o arco de entrada á "expo". Do outro lado do río, nos salóns do Trocadéro, desenvolvíase o certame de orfeones, ao que asistiu como participante o Orfeón Coruñés nº 4, baixo a dirección de Pascual Veiga.
Vista aérea de París, coa Torre Eiffel, pavillóns da Exposición e Palacio do Trocadero (dereita, arriba)
Alí, no vestíbulo do palacio, no medio de 1.600 cantantes de diversas formacións de distintos países, atopábase o minguado orfeón de só 25 voces, que fixo soar 8 composicións, das que 5 eran do propio Veiga. O presidente da comisión de audicións, o famoso compositor Laurent de Rillé declara: "Malia a inmensidade da nosa sala de festas e a pesar do reducido número de cantantes do orfeón da Coruña, fixéronse aplaudir a bondade das súas voces e a originalidade das composicións".
Vestíbulo do Palacio do Trocadero
Non é de estrañar, imaxinando o París de finais do século XIX, en fronte da Tour Eiffel, prodixio da enxeñaría moderna, o efecto que pode causar un coro galego cantando unha “alborada” e o son do ancestral aturuxo explotando no medio da peza. O caso é que o Orfeón Coruñés nº 4 dirixido por Veiga trouxo para Galiza a medalla de ouro!
Audio
09 - Pascual Veiga - Alborada galega
10 - Pascual Veiga - Noche feliz
11 - Pascual Veiga - Himno galego
En setembro de 2022 presentouse o traballo de Manuel Ferreiro sobre o himno galego e de Xoán Costa sobre a bandeira, "Símbolos nacionais de Galiza", editado por Via Galega. A publicación inclúe o traballo destes autores sobre os símbolos nacionais, e a gravación do himno realizada por Solo Voces e Lucus Ensemble, ademais da partitura do himno co texto restaurado por Manuel Ferreiro, engadida á publicación a modo de separata.
PARTITURAS
Alborada | Pascual Veiga Iglesias | 1842 | 1906 | Edição a partir do manuscrito original do autor. | |||
Noche feliz | Pascual Veiga Iglesias | 1842 | 1906 | Edição a partir do manuscrito original do autor. | |||
La escala | Pascual Veiga Iglesias | 1842 | 1906 | Edição a partir do manuscrito original do autor. | |||
Mal de amor | Pascual Veiga Iglesias | 1842 | 1906 | Edição a partir do manuscrito original do autor | |||
Al mar (Barcarola) | Pascual Veiga Iglesias | 1842 | 1906 | Edição a partir do manuscrito original do autor | 1881 | ||
Os pinos (Himno galego) | Pascual Veiga Iglesias | 1842 | 1906 | 1890 |