Novas
20 pezas para a muralla
30 de novembro de 2020. 20:30 horas. Auditorio Gustavo Freire (Lugo)
Con motivo do 20º aniversario da declaración da muralla romana de Lugo como Ben Patrimonio da Humanidade o Concello de Lugo (Concellería de Cultura) presenta o concerto "20 pezas para a muralla" onde tres coros de Lugo cantaremos 20 pezas, unha por cada ano de aniversario da devandita declaración. Estarán connosco o coro de voces brancas Cantar Delas, e o Coro do Hospital de Lugo. Reserva de entradas, na Oficina de Turismo de Lugo e a través de Internet en: /https://www.entradaslugo.es/