Concerto em favor dos refugiados ucranianos

Sábado 9
Igrexa de San Vicenzo de Rábade
20.30 horas
5€
O vindeiro sábado, celebraremos un concerto de música coral, a cargo do Grupo Sólo Voces, coa finalidade de recadar fondos, para contribuir a paliar a crise humanitaria, provocada en Ucrania pola invasión rusa.
As entradas colaboración teñen un custo de 5€, e poden ser adquiridas no Concello, así como en deiferentes establecimentos comerciais da vila, que colaboran neste evento; asimismo existe unha fila 0 para colaboracions económica que se queiran aportar, na conta que figura no cartel.
A totalidade da recadación será entregada a ACCEM, entidade que está a coaborar na xestión desta axuda humanitaria.
Neste evento colabora Solo Voces, a Asociación Águeda de Rábade, a Asociación de Hosteleiros de Rábade, a Asociación de Comerciantes de Rábade, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial, e o ÍES Río Miño.
Dende o Concello agradecemos a vosa colaboración, e máxima difusión do evento.