Solo Voces no "X Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi"

No día 30 de maio, Solo Voces participa nunha nova edición do "Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi", como veñen facendo desde 2016. Na presente edición compartirá concerto co organista Felipe López, e mostrará ao público lugués un novo repertorio con obras do barroco colonial, e autores contemporáneos como Karl Jenkins, Ola Gjeilo ou Josu Elberdin. Na Catedral de Santa María ás 20:45.